A nosa proposta

Fronte á situación actual, e unha vez analizados os sistemas implantados noutros estados e países, Retorna propón o Sistema de Depósito, Devolución e Retorno (SDDR), comunmente coñecido como Sistema de Retorno de envases. Este sistema, complementario dos SIX actuais, funciona noutros estados con grande éxito e índices de recuperación de ata o 98.5%.

Depósito significa que hai un valor económico asociado a cada envase, un incentivo para que ese envase volva á cadea de produción nas mellores condicións para a súa reciclaxe e que esa cantidade non é un imposto senón un adianto.
Devolución significa que esa cantidade que a consumidora adiantou se lle devolve na súa totalidade cando o envase se entrega de novo no comercio.

Retorno significa que o envase volve á cadea de produción, é unha materia prima en condicións de converterse en calquera novo produto. Deste xeito, o ciclo péchase e non hai lixo!

Como funciona o Sistema de Retorno?

O Sistema de Retorno é un sistema de xestión de residuos, de envases neste caso, que asocia un valor a cada envase para que este sexa devolto polo consumidor para a súa reciclaxe. É un sistema paralelo aos SIX e só destinado aos envases de bebidas. Os sistemas integrados de xestión que funcionan actualmente deberán seguir existindo para multitude de envases que non están incluídos no SDDR (latas de conservas, envases de produtos lácteos, licores e viños, bandexas de plásticos….).

O sistema funciona do seguinte xeito:

Els productors (embotelladors, importadors o distribuïdors) paguen el dipòsit a l'operador del sistema per cada envàs que posen en el mercat.

As produtoras (embotelladoras, importadoras ou distribuidoras) páganlle o depósito á operadora do sistema por cada envase que poñen no mercado.

Os comercios (hiper e supermercados, tendas medianas e pequenas, gasolineiras, etc.) cómpranlles os produtos e os seus envases ás produtoras. Pagan o prezo do produto máis o depósito por cada envase. Tamén lles cobran ás consumidoras o envase á hora da compra e devólvenlles o seu importe cando estas o devolven.

As consumidoras compran o produto envasado e pagan o depósito por cada envase ou comercio. Cando consumiron o produto, entregan o envase baleiro en calquera comercio, devólveselles integramente o depósito pagado. Se a consumidora non quere devolver o envase, a cantidade queda no circuíto e axuda a financiar o sistema.

O operador do sistema devólvelles aos comercios o que pagaron as consumidoras segundo recibe os datos de parte destes. Realiza a compensación entre os axentes que interveñen no ciclo. Ademais, encárganse de xestionar a loxística dos envases, a correcta recuperación dos materiais e de controlar o fluxo económico entre os diferentes axentes que interveñen.

A Administración Pública encárgase de controlar a transparencia das estatísticas e dos datos da xestión do operador e audita as contas de todo o sistema.

Deste xeito maximízase a eficacia –recollida de case o 100% dos envases- e a eficiencia –máxima reciclaxe ou menor custo- do sistema.
 

 

   Retorna é un proxecto iniciado por: