Axentes implicados

Envasadoras/importadoras

Beneficios:
O sistema é similar ao xa existente, pero debido a que o sistema se autofinancia pola cantidade e pola calidade do produto recollido, o canon actual tende a descender.
Retos: Adaptación informática dos envases. Esta fase foi superada sen ningún problema por outros estados ou países. Incluso a Illa de Guam, última incorporación o SDDR, implantou o SDDR con escasos inconvenientes.

Distribuidoras – pequenas, medianas e grandes superficies

Beneficios:
Os comercios nos países onde xa existe o SDDR viron como os espazos destinados á recuperación de envases atraen as consumidoras, que rematan escollendo para as súas compras. Por outro lado, unha vez amortizados os equipos, o comercio pode percibir un ingreso pola xestión dos envases.
Retos: A primeira fase de implantación do sistema requirirá un esforzo de adaptación –espazo e persoal - por parte dos comercios.

Consumidoras

Beneficios:
múltiples, desde menos lixo nas rúas, menos emisións contaminantes, maior transparencia na xestión dos envases, contedores máis baleiros e limpos nas aldeas, vilas e cidades, menos gastos municipais de limpeza.
Retos: nun primeiro momento, o pequeno desembolso para a compra dos envases, que logo se devolve para a próxima compra. Tamén debemos adaptarnos ao novo hábito de devolver os envases. Se dubidamos de que a cidadanía se sume á iniciativa pensemos en distintas normas xa internalizadas – recoller as defecacións dos cans, non tirar cabichas pola fiestra, etc.

A industria da recuperación e reciclaxe

Beneficios:
incrementa a oferta de materia recuperada de primeira calidade.
Retos: buscar novas saídas de alta gama para os materiais recuperados.

Operador

Beneficios:
é unha entidade sen ánimo de lucro, polo que o beneficio é o bo funcionamento do sistema.
Retos: establecer un sistema transparente e eficiente, onde o fluxo de diñeiro sexa rápido e absolutamente fiábel.


 

 

   Retorna é un proxecto iniciado por: